Protocolo seguridad Covid-19

INSTRUCCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DA ACTIVIDADE E MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE

O 11 de marzo de 2020 Organización Mundial da Saúde elevou a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 a categoría de pandemia internacional.

Por Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo de 2020 adoptáronse medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, que foron seguidas da declaración, por Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020, da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e de activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, publicado no BOE número 67, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, situación que foi prorrogada por diferentes períodos por outros Reais decretos.

O 12 de xuño de 2020, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade ditou resolución pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de la Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Protocolo de medidas de prevención

Antecedentes:

O presente protocolo ten en consideración as medidas coñecidas e publicadas polas autoridades sanitarias relativas á prevención frote ao COVID 19.

Para o establecemento das medidas e a análise de riscos tivéronse en conta os seguintes parámetros:

  1. O número de material inventariable disposto para a realización das actividades

  2. O número de traballadores en activo

  3. As dimensións e características do centro de acollida de visitantes

  4. Os medios de transporte para a loxística das actividades

De conformidade co Criterio Operativo nº 102 /2020 do Ministerio de Traballo e Economía Social, o escenario de risco cualificase como de baixa probabilidade de exposición. No mesmo senso a actividade de turismo activo en espazos abertos non constitúe un risco de empresa con actividades, que pola súa natureza, constitúan un risco laboral de exposicións ao SARS-CoV-2-

  1. Obxecto

O presente protocolo ten por obxecto establecer as medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no retorno a actividade tanto polo persoal traballador como polos usuarios dos servizos. co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19.

O documento recolle as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS- CoV-2 que no momento da súa elaboración as autoridades sanitarias consideran necesarias para o control da COVID-19 unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O conxunto de medidas incluídas nas presentes instrucións poden ser obxecto de revisión en función da evolución do risco sanitario e das decisión que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais.

  1. Persoas que poden acudir ao Centro de Actividades

      • No poderán reincorporarse ao seu posto de traballo as persoas que presenten síntomas compatibles con COVID-19 o estean en illamento domiciliario como consecuencia dun diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto estreito con algunha persoa con síntomas o diagnosticada de COVID-19.

      • As persoas vulnerables para COVID-19 (por exemplo, persoas con hipertensión arterial, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer o inmunodepresión) poderán volver ao traballo, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo as medidas de protección de xeito rigoroso. No caso de dubida, o servicio de servicio de prevención de riscos laborais deberá avaliar a existencia de traballadores especialmente sensibles á la infección polo coronavirus.

      • Indicarase aos usuarios mediante cartelería que non poden acudir ao Centro de actividades con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID- 19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19.

      • Recomendase evitar as aglomeracións. Os usuarios so poderán entrar ao Centro de recepción de visitantes en pequenos grupos cumprindo sempre cas medidas de prevención e hixiene, priorizarase a atención nos exteriores da instalación.

  1. Medidas xerais de hixiene e limpeza do centro de traballo

    1. Colocarase un dispensador de xel desinfectante no mostrador do Centro de recepción de visitantes.

    1. Realizarase unha limpeza e desinfección das instalacións polo menos unha vez ao día, reforzándoa naqueles espazos que o precisen en función da intensidade de uso. Prestarase especial atención as zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, colgadores, e outros elementos de similares características.

    1. Uso e limpeza dos baños e aseos. Limparanse adecuadamente os aseos en función da intensidade de uso e, polo menos, tres veces ao día.

En todos os baños do centro haberá dispensadores de xabón e papel desbotable para o secado de mans, no seu defecto xel hidro alcohólico, debendo o usuario lavarse coidadosamente as mans cada vez que faga uso do aseo.

    1. Na limpeza e hixiene seguiranse as seguintes pautas:

      • Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recen preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopan no mercado e que teñan sido autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No uso destes produtos sempre se respectarán as indicacións da etiqueta.

      • Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección utilizados desbotaranse de xeito seguro, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.

      • Realizaranse tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e por espazo de cinco minutos.

      • VIxiarase a limpeza de papeleiras e a dispoñibilidade de xabón, papel de secado de mans e xel hidro alcohólico.

3.5 Os panos desbotables que o persoal e o usuario empregue o secado de mans o para o cumprimento da “etiqueta respiratoria” serán desbotados en papeleiras con bolsa ou contedores protexidos con tapa e, de ser posible, accionados por pedal. Ditas papeleira serán limpadas de xeito frecuente.

  1. Medidas xerais sobre distancias de seguridade

    1. No trato directo co usuario a distancia interpersonal mínima será de 2 metros. Priorizaranse os espazos exteriores na medida do posible.

    1. Organizaranse as saídas e chegadas dos usuarios ao centro de actividades de maneira escalonada. No caso de servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, como poden ser entrega e recollida do material, deberase utilizar o equipo de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección tanto do traballador como do usuario.

  1. Medidas xerais de prevención persoal

    1. Realizarase por parte dos traballadores unha hixiene cotiá e minuciosa de mans, con xabón e auga ou, no seu defecto, con xel hidro alcohólico.

    1. Debe evitarse tocar o nariz, os ollos e a boca, xa que as mans facilitan a transmisión.

    1. Cando tose ou espirre, debe cubrirse a boca e o nariz co cóbado flexionado.

    1. Debe manterse unha distancia interpersonal de 2 metros.

    2. Deben usarse tecidos desbotables para eliminar secrecións respiratorias e arroxalas despois de usar.

    1. Debe evitarse estreitar as mans.

    2. O uso de luvas se considera pouco recomendable pola falsa seguridade que pode transmitir, no caso de uso de luvas debéranse lavarse con frecuencia cunha solución hidroalcólica ou auga e xabón.

    3. Uso de máscara, seguirase o ditado na Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na que se dispón, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos. Opóñense excepción desta obrigación a aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da máscara e a aquelas cuxo uso se atope contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade. Así mesmo, o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

  1. Medidas específicas de protección colectiva

    1. Nas entradas do centro disporase de produtos de hixiene que permitan, tanto ao persoal coma aos usuarios dos espazos de atención ao público, realizar unha adecuada hixiene das mans.

    1. Deben establecerse distancias mínimas de seguridade de polo menos dous metros, tanto nos accesos como nos espazos de atención ao público, para evitar a acumulación de persoas nas zonas de acceso, espera e atención ao público.

    1. No mostrador de atención ao público, establecérase unha distancia mínima de 2 metros entre o usuario e o persoal.

7.4. Intensificáranse as actuacións de limpeza e desinfección das zonas comúns e, especialmente, das zonas ou superficies que se tocan con máis frecuencia (pasamáns, ascensores, aseos, pomos das portas,…).

7.5. Ventiláranse de xeito frecuente as estancias coa apertura de ventás ou portas, evitando as correntes de aire.

8. Consideracións especiais para o material, kayak, bici e os seus accesorios

8.1. O material debe de ser desinfectado ao inicio da actividade e unha vez terminada a mesma, os chalecos de axuda á flotabilidade gardarán amais unha corentena de 48 horas entre uso e uso.

9. Medidas específicas no uso dos aseos

    1. A ocupación máxima para o uso dos aseos, vestiarios, será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso, tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, debendo manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal.

10. Utilización de cartelería no centro

10. A empresa disporá de cartelería informativaque advirta sobre o respecto da distancia de seguridade, sintomatoloxía do COVID 19 e medidas de hixiene social e individual.

Abrir chat
Hola!!
Necesitas ayuda?